Cartas á vida

Tamaño de fuente: - +

16...

Querida vida:

Onte á noite paseino xenial con todos na festa.

Bebemos (non demasiado, ou polo menos Beth máis eu non), bailamos, falamos, paseamos polo xardín, mollámonos, rimos e ata cantamos! Si, había karaoke. Sabes quen canta como os anxos? Beth... ela é un anxo, o meu anxo. Non oíches mal, ou mellor dito, lido.

Despois de bailar unha canción lenta, leveina ó balcón do piso de enriba, díxenlle o que sentía e dende cando o sentía. Quedou atónita e comezou a contarme que a ela pasoulle o mesmo.

A iso si que se lle pode chamar: Amor a primeira vista.

Estabamos tan estupefactos contándonos coma estivemos e o que sentimos e, ríndonos deso, case esquézome de dicirllo. Finalmente fíxeno, e para a miña sorte accedeu.

Francamente pensei que, como agora eramos amigos, non querería romper a nosa amizade, mais decidimos intentalo e estou moi ledo por elo.

Isto tráeme unha mala noticia para ti.

Agora ela é a miña moza, compartireino todo con ela, polo que case non apelarei a escribirche cartas.

Se rompemos volverei e centrareicho todo o vivido, se non... isto é un adeus, ata quizais un ata sempre.

Seica volvín para escribirche, e fíxeno durante moi pouco tempo, mais foron moitos os recordos que che contei.

Non creo que recibas estas cartas, non che esquecerei. Grazas por apoiarme e estar ó meu lado, espero que este amore non fracase.

Non mes esquezas.

Atentamente:

Joshua.

 



la.locky

#3883 en Otros
#1406 en Relatos cortos
#6145 en Novela romántica

En el texto hay: amor adolescente, cartas en galego

Editado: 16.06.2019

Añadir a la biblioteca


Reportar